Sesgos

A proposta: Estudio sobre a “Relación do uso das TIC coa participación das mulleres nos ámbitos de representación e toma de decisións”

Antecedentes

Na actualidade, o fomento do uso das TIC ten unha relación clara cunha maior cualificación dos postos de traballo. Falase das novas tecnoloxías como favorecedoras do coñecemento, da axilización de procesos, de vantaxes competitivas e de fonte de innovación e progreso.

Semella que estes aspectos deberían traducirse nun avance social tanxible e favorable á eliminación de desigualdades. Sen embargo, a pesar de hoxe en día as mulleres presentan unha notable superioridade no grau de formación académica, esto non se está a traducir nunha equiparación real, nin na tipoloxía de traballos que desempeñan, nin na súa retribución real e moito menos na súa participación nos ámbitos de decisión.

Se ben existen estudios que contemplan o xénero entre as variables na recollida de datos e se teñen elaborado algúns indicadores de referencia no colectivo de persoas asalariadas, non así no ámbito de representación e toma de decisións.

Así, cabe pensar que, nestes ámbitos de poder, baseados fundamentalmente na información e na interrelación, o uso das TIC debería constituír un importante facilitador e, polo tanto, un importante factor democratizador no seu desenvolvemento.

Sen embargo, a non existencia de datos específicos non permite establecer liñas de estudio que axuden a clarificar a repercusión real sobre a súa influencia nas desigualdades nos ámbitos empresariais e de alta dirección.

Documento completo: PropostaEstudio_SociedadeInformacion-AmbitosRepresentacion_2009

Publicación original: enIgualdade

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *