Firma-protocolo_Cultura-Accesible e-Inclusiva-2

Iago González, en calidad de presidente de la Asociación Proxecto Máscaras, ha firmado hoy el protocolo de colaboración con el Concello de A Coruña y la Fundación Emalcsa para el programa ‘Cultura Accesible e Inclusiva’.

La película Máscaras fue el punto de partida y una puerta abierta para todo lo que se puede hacer, por eso la Asociación nació para seguir promoviendo y contando esas realidades posibles que se esconden en la tiranía de la normalidad

Desde la Asociación creemos que entre todos debemos contribuir a que exista un futuro diferente con la construcción del relato de lo que es posible por lo que la misión que nos define se encuentra especialmente representada en el tercer objetivo del protocolo:

Adopción das medidas pertinentes para que as persoas con diversidade funcional poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade


—–

A noticia na Web do Concello

Firma-protocolo_Cultura-Accesible e-InclusivaXulio Ferreiro e a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, participación no acto de adhesión ao programa de dúas novas entidades colaboradoras: Aspronaga e Asociación Proxecto Máscaras

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participaron hoxe no acto de adhesión de dúas novas entidades ao programa Cultura Accesible e Inclusiva, promovida tanto polo Concello como pola Fundación Emalcsa. Desta volta, os asinantes foron os representantes da Asociación Aspronaga, Elías Palacio Verdini, e da Asociación Proxecto Máscaras, Santiago González Iglesias.

Ferreiro, comentou, ao remate da firma, que o programa sobre cultura accesible “é moi importante xa que serve para a axudar a persoas con dificultades cognitivas e diversidades funcionais para poder acceder á cultura, e que poidan participar de todas as actividades que ofrece esta cidade”.

Concretamente tanto Aspronaga como a Asociación Proxecto Máscaras únense a este programa no que ademais do Concello e Emalcsa, xa figuran como entes colaboradores diversas asociacións integradas dentro do Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidade (CERMI), ademais de Afundación, Abanca, a Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Fundación Biblioteca Casa Consulado, Universidade da Coruña ou a Fundación Luis Seoane e o Consorcio da Música. “Cremos que a lista non parará de medrar nas próximas semanas”, explicou o alcalde.

O obxectivo fundamental deste programa é “promover e facilitar na Coruña a participación das persoas con diversidade funcional, especialmente, cando concorren factores asociados de risco de exclusión social e sempre considerando a perspectiva de xénero, na vida cultural e/ou no desenvolvemento da experiencia artística, en igualdade de oportunidades e excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar a súa discriminación”.


Publicación original: Asociación Proxecto Máscaras

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *