Tras intensos meses de traballo que ocuparon a maior parte de 2007, o 31 de Xaneiro de 2008 celebrouse unha última reunión da Comisión Promotora para a preparación da Asemblea Constituinte do Clúster Galego das TIC. Nesta reunión se consensuou o tipo de acto e os requisitos para a documentación fundacional e se procedeu á organización do acto da Asemblea Constituinte que se celebrou o 31 de xaneiro de 2008 en Santiago de Compostela no hotel Puerta del Camino.

AsistentesAsembleaConstituinteClusterTIC-Galicia_31-01-20081

A recepción iniciouse ás 17:00 horas coa firma dos asistentes e recollida de información así como a entrega de documentación sobre o Clúster (carpeta con estatutos e anexo de réxime e proposta económica), libro e CD do Plano Estratéxico da Sociedade da Información e exemplar do xornal “Código Cero” cun especial sobre o Clúster.

Integrantes-asociacons-ClusterTIC-Galicia_31-01-20081

O acto desenvolveuse en dúas partes: a celebración da Asemblea Constituinte y a presentación da Xunta Directiva provisional. Tras o intermedio do café, que serviu como espacio de relación entre as empresas, tivo lugar a intervención do Conselleiro de Industria.

A efectos de arquivo documental, a totalidade do acto foi gravada e entregada en soporte DVD. A gravación realizouse con dúas cámaras a fin de poder realizar unha edición resumida de cinco minutos que servirá para a súa utilización en eventos de interese e a exposición, nunha resolución máis baixa na Web da sociedade da información e na do Clúster.

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *