Software para a detección de fraudes en textos impresos e dixitais que revoluciona o campo da seguridade documental

Fividoc significa «Filmado Visible de Documentos». É unha ferramenta que permite evitar a fraude de documentos en papel, e faino en dúas etapas:

  1. Análise documental: Se analiza o documento, marcando posibles anomalías
  2. Se confirma que o documento non foi alterado e, se o foi, permite visualizar esas marcas ou alteracións

Tal e como o explica o responsabel na entrevista, «se, por exemplo, colles un certificado de empadroamento e lle cambias o nome, a súa apariencia pode ser auténtica, pero Fividoc descubrirá que foi alterado

O software é, ademais de innovador, intelixente xa que diferencia as alteracións fortuiras (como pode ser unha gota de café) das fraudulentas, e está preparado para a e-tendencia, xa que serve para documentos en papel, en pdf ou calquera formato de imaxe.

Ata aquí a noticia, que se pode ampliar nos enlaces sinalados, que plantea cuestións interesantes.

O significado da palabra «Fraude» segundo a R.A.E.

1. Acción contraria a la verdad y a la rectitud, que perjudica a la persona contra quien se comete.

2. Acto tendente a eludir una disposición legal en perjuicio del Estado o de terceros.

3. Der. Delito que comete el encargado de vigilar la ejecución de contratos públicos, o de algunos privados, confabulándose con la representación de los intereses opuestos.

Todo apunta a que o Fividoc é un produto necesario e tal vez imprescindible (non son experta e non sei doutros produtos similares, ainda que supoño que os haberá) para detectar o fraude o que fai pensar que o seu mercado natural é a administración, especialmente a de xustiza, que basea as súas sentencias na existencia de «probas documentais».

As preguntas son:

¿En que recaería a responsabilidade de realizar estas probas?

¿É compatible co grau de preparación do actual persoal?

¿E co nivel de informatización?

¿Con que criterio se decidiría a súa aplicación? ¿Hai fraudes grandes e fraudes pequenos?

¿Permite a actual lexislación a aplicación e aceptación deste procedemento?

¿Poderá esta pequena e ilusionante iniciativa empresarial atopar os recursos necesarios para o seu desenvolvemento no mercado?

Penso que entre os «aliados estratéxicos» dos seus promotores non é tan importante unha rede de distribuidores como un bo gabinete xurídico para a establecer o obrigatorio marco de necesidades que definiría o seu mercado natural e un sistema universitario proactivo e competitivo na definición de novos perfiles curriculares.

Publicación original: enPalabras

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *