Pois tirando da sinopse do programa de man.
A criatura quere ser cantante, a mami oculta o seu pasado limpando aos porcos, e o pianista está no horizonte…
E nin máis nin menos!: amor, traición, misterios, grandes mortes (en off e con chispa), sexo canibal e, un pouco parafraseando á criatura, un escaralle.
Unha producción de acarrachanacacha, escrita e dirixida por Leandro Lamas, e interpretada por María Veiga (a filla), Gena Hernández (a mami) e Antonio Estévez (o pianista), con (quirúrxica) iluminación de Paula Fojo e Silvia Romaus.
Atentos a súa programación teatral máis cercana. Ou lonxana, que 90 minutos de alegría non se teñen tódolos días.
Publicación original: enimaXes