Disonancias é un documental de creación realizado a través de metodoloxías de participación, para a indagación na construción do espazo sonoro na provincia da Coruña. Xira ao redor do son, pero non como fenómeno físico senón o son como parte do patrimonio cultural inmaterial e da construción social. Do acervo da memoria pero tamén da construción do futuro, inevitable conxunto de trazos xeracionais.
“Todo fenómeno de identidade non é senón o resultado da tensión que se establece entre unha memoria sonora e unha escoita futura ou proxectada”. (Ricardo Atienza)
Realizado co apoio da Deputación da Coruña a través convocatoria de «proxectos singulares»