Pois volvendo a vista atrás saltan as alarmas polo tempo que leva a web sen actualización, eso o primeiro. Pero non por vagueria, nen porque non houbera con qué actualizar, tampouco.  Simplemente o audiovisual ten estas cousas, e do mesmo xeito que hai que facer tempo para unhas cousas, noutras ocasións temos que achantar con excesos de estrés e carencias apremiantes de sono. Como nestes dous últimos meses, nos que mesmo deixamos de publicitar por aquí eventos os que cumpría ter asistido. Por sorte o éxito sobre as previsións fixo que non botaramos en falta a ninguén!

E mentras non subimos nada disto á nosa conta (no youtube hai material), diciamos no titulo o de voltar a vista atrás. Non por nostalxia,  simplemente por apetencia. En ocasións a mala sorte está aí, non se pode evitar, e hai que asumila. A mala sorte impediu que finalmente vira a luz a gravación deste concerto de Silvia Penide, pero sen dubida habera máis ocasions para repetir a experiencia e que esta vez todo saia ben. E apetece, sobre todo, atopar de novo a confianza para sacar adiante un tipo de producto diferente. Non a nivel mundiala, pero si autonómico (e case que estatal), pois a gravacións de concertos segue estando marcada por unhas pautas…, aburridas. Dende esta humilde productora temos máis interese por seguir na nosa liña e ficar observando atentamente o que fai xente como Vincent Moon e o resto de La Blogotheque, xa chegara o momento de retomar iso de facer as cousas doutro xeito…

Publicación original: enimaXes

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *